Resumo de actividades

Aquí tedes un resumo breve das nosas actividades, con enlaces para acceder a elas:

2014

Maio: Organizamos unha xuntanza de músicos tradicionais que denominamos Ghaiteirada 2014.

Abril: Obradoiro de ovos de Pascua . Creamos o noso  Faladoiro Literario, foro onde falamos de libros con xuntanzas quincenais as que podedes unirvos se vos apetece e  que podedes consultar aqui.  E tamén en Abril puxemos en marcha o noso proxecto de hortas urbanas, denomidado “As nosas hortiñas”, cuios avances podedes seguir aqui, e o que podedes unirvos en calquera momento.

Febreiro: Aberto de Billarda Río Umia

Xaneiro: II Duatlon Cross Ribadumia

2013

Novembro.  Organizamos un taller de iniciación a globoflexia.

Xuño.  E fixemos o cacho. (Recollemos as herbas de SanXoan, unha antiga tradición galega).

Abril.  Iniciamos a publicación de Boletíns culturais de xeito mensual.

Marzo. segunda xornada de Billarda.

Febreiro.  Presentamos o noso certame literario.

Xaneiro.  I Duatlón Cross Ribadumia. (En colaboración co Club Naútico o Muiño maila Asociación Deportiva O Batán)

Xaneiro. Poñemos en Marcha a nosa web.

2012

Decembro. Taller de Panxoliñas para nenos.

Xullo.  I aberto de Billarda en Barrantes. No ambito do 2º Umiarock, e en colaboración co Umica C.F.

.