O cacho 2017. Ó redor do San Xoan.

19399307_10210190726308570_2915294123906994376_nNa tarde deste 23 de xuño, repetimos a nosa experiencia de anos anteriores e organizamos unha saída para recoller as herbas coas que facer o cacho de san Xoan. Deixamosvos  un par de enlaces a artigos publicados anteriormente sobre san Xoan e sobre o cacho, e unhas fotos da xornada…

https://ascuncasculturais.com/2014/06/20/arredor-do-san-xoan-o-rito-das-nove-ondas/

https://ascuncasculturais.com/2014/06/22/arredor-do-san-xoan-o-cacho/

 

 

Cremas e tinturas que curan

O último dos obradoiros para adultos previstos antes da paradiña do verán tivo como centro o coñecemento das propiedades dalgunhas das prantas da nosa contorna. Para iso, contamos coa colaboración de Lidia Rojo, unha experta Enxeñeira Agricola e Técnica de Xestión Medioambiental, entre outras cousas, que dende a Aula Medioambiental se dedica a tarefas de divulgación.

  No obradoiro aprendemos cales eran as propiedades de moitas das prantas da nosa contorna, e como elaborar tinturas, xeles e cremas para tratar diversas afeccións cutaneas.

Un obradoiro do máis interesante, do cal vos deixamos algunhas fotos..

 

Interpretando a paisaxe do Salnés

 SONY DSC  O pasado 10 de xuño organizamos un roteiro co obxectivo de aprender cousas da paisaxe da nosa comarca. Guiados por Francisco Castillo Rodriguez, un experto na materia ,Doutor en Xeografica pola USC e pertencente ó Instituto de Estudos do Territorio, disfrutamos dunha maña ó longo da cal, dende distintos puntos de observación, aprendimos como identificar as diferentes capas na nosa paisaxe, e falamos tanto da orixe morfoloxica da nosa ría e do val do Salnés, como de todos os cambios que ó longo dos milenios se produciron nel, e como foi mudando a súa forma.

  en dubida, unha xornada do máis interesante. Deixamos aquí algunhas fotos…

Saímos a facer o cacho!!! (edición 2017)

    Unha das nosas actividades máis trxanxoan01adicionais é a de saír a facer o cacho de san Xoan. Para quenes non esteades ó tanto, facer o cacho é unha  tradicion da nosa cultura, que consiste en recoller unhas herbas determinadas e deixalas na noite de san Xoan nun balde con auga, para que recollan do rocio desa noite máxica  as súas propiedades máxicas e curativas. Dicta a tradición que para que as propiedades das herbas surtan efecto, e preciso lavar a cara coa auga dese “cacho” na maña seguinte á noite de san Xoan.

Sobre esta tradición elaboramos un interesante artigo fai uns anos, que podedes consultar aqui:

https://ascuncasculturais.com/2014/06/22/arredor-do-san-xoan-o-cacho/

Este ano volvemos repetir esta actividade, unha vez máis orientada a nenos a partir  dos seis anos, e tamén a adultos, anque este ano mudamos o punto de partida.  Así pois:

O VENRES  23, A PARTIRES DAS 19:30,

realizaremos unha pequena saída polas beiras do río Armenteira (ruta da pedra e da auga), para recoller as flores e plantas que tradicionalmente se usaban neste pequeno ritual.

 SAIREMOS DA EXPLANADA DE CABEZA DE BOI, XUNTO Á ROTONDA DE SUBIDA Á ARMENTEIRA.

Material necesario:

– UNHA CESTA, MOCHILA OU BOLSA PARA AS PLANTAS RECOLLIDAS (SE É UNHA BOLSA É PREFERIBLE QUE SEXA DAS DE PAPEL QUE DAN EN MOITAS TENDAS).

– UNHAS TESOIRAS. NO CASO DOS NENOS TESOIRAS ESCOLARES.

– ROUPA E CALZADO COMODOS.

– AUGA PARA HIDRATARSE POLO CAMIÑO.

– SE FAI SOL, UNHA GORRA, ESPECIALMENTE OS NENOS, E CREMA PROTECTORA, E @S QUE TEÑADES SANGUE DOCE REPELENTE DE MOSQUITOS.

 

É UNHA ACTIVIDADE GRATUITA E MOI DIVERTIDA, ASI QUE NON DUBIDEDES EN ANOTARVOS, CHAMADE Ó

672  418  619

cartel o cacho 017