A Asociación

¿Quen somos?

Somos un grupo de homes e mulleres de Ribadumia con moita ilusión e ganas de facer cousas no noso Concello, tanto de carácter cultural como deportivo ou social.

Herminio Barreiro.

A asociación leva este nome en honor a   Herminio Barreiro, intelectual e, sobre todo,  mestre no máis amplo sentido da verba, e veciño por añadidura  de Sisán (parroquia de Ribadumia).

Toda a información sobre este “mestre de mestres” atoparédela na pestaña adicada a el, ou premendo aqui

As Cuncas Culturais

A asociación Herminio Barreiro naceu cunha idea moi clara. Promover a cultura, o deporte e a acción social no noso concello.
O noso concello é Ribadumia. Aquí prodúcese o sangue que alimenta toda a indiosincrasia propia do Salnés: o tinto barrantes.  Nos tradicionais furanchos, o redor dunha cunca de bo tinto, os paisanos e paisanas falan. Comparten as súas vivencias. Transmiten a súa maneira de ver o mundo. Fan cultura.
Por outra banda, os entendidos en tinto barrantes saben que o bo viño cando o removes na cunca deixa rastro.
Por iso a nosa paxina se chama “As Cuncas Culturais”. Porque precisamente queremos  que sexa como esas cuncas que congregan ao seu redor, como elemento unificador,   a persoas diferentes, compartindo  cousas, facendo cousas. E porque queremos que parte de todas esas experiencias e accións que queremos compartir con vos deixen un rastro como o que deixa o bo viño nas cuncas.