Únete a nos

fichas nov@s soci@s

Para que a nosa Asociación funcione necesitamos da vosa colaboración de dúas maneiras :

–  Aportando a vosa colaboración persoal. Esta  Asociación xa demostrou dende o primeiro día que o capital humano era máis importante que o capital económico, e así o segue sendoo

Son as persoas as que fan posible que este proxecto saia adiante. Pero  somos poucos, necesitamos axuda.

A VOSA AXUDA.

Na cabeceira deste artigo e  o final del  hai un formulario de soci@, que podedes descargar, cubrir e mandarnos de volta. Tamén podedes poñervos en contacto con nos, e informarémosvos encantados de cómo estamos traballando, dos nosos plans ….

–  De xeito económico, pois sen cartos hoxe en dia, por desgraza, non se pode facer nada. Por iso pensamos nunha pequena cota anual (15€ o primeiro ano a modo de inscripción, e logo 10€ cada ano) que a vos non vos supoña un esforzo moi grande, pero que a nos nos axude a sacar adiante todos os nosos proxectos, pagando esas pequenas pero incómodas facturas que sempre xorden (pago de premios e trofeos, gastos de administración, cartelería …) .

Recordade que somos unha asociación sen ánimo de lucro, polo tanto as vosas apartacións iran íntegras os gastos da entidade sen xerar ningún tipo de beneficio. E ademais podedes desgrabar a aportación na vosa declaración a facenda.

O facervos soci@s  teredes todos os dereitos de calquera soci@ nunha entidade deste tipo, recollidos nos nosos estatutos.

Recibiredes vía correo electrónico, e  en papel no caso de que publiquemos algún tipo de panfleto, boletín, etc, puntual información das actividades que vaiamos realizando. Tamén a traves dun grupo de whatsapp, se nos autorizades, recibiredes toda a información.

Tamén teredes importantes descontos nas actividades que  fagamos que conleven un custo económico.

fichas nov@s soci@s

Contacto no teléfono: 672 418 619

e-mail:    aso.herminio.barreiro@gmail.com