Hernando Martinez Chantada naceu no concello de Meis, pero leva moitos anos afincado en Ribadumia. Mestre retirado, emprega a maior parte do seu tempo no estudo da nosa historia, e xa leva publicados varios titulos: “Os curas de Ribadumia”,”O foro de Rabuñade” ou máis recentemente “San Martiño de Meis. Unha freguesía rural”.
Recentemente ofreceuse a colaborar de xeito esporádico coa nosa asociación, aportando algún artigo que el considere de interese, algo que queremos agradecer dende aquí.
Nesta sección acharedes todo o que Hernando nos deixe para compartillar con vos, que nos permitira coñecer algo máis da nosa historia.