Obradoiro de caretas de entroido

  Xa vai chegando o  entroido. E moi probablemente moitos dos nosos cativos e cativas  (e todos os pais e nais) esten xa pensando no  disfraz que van vestir este ano. Pero un disfraz require tamén unha careta, polo que dende a Asociación Herminio Barreiro preparamos, co apoio das Titiriteiras, un obradoiro específico de preparación de caretas.

   Terá lugar o sábado 18 de febreiro apartir das 11.00 da maña, no centro cultural deBarrantes, e todo o material preciso o disporemos dende a Asociación.

   Será, como todos os obradoiros que organizamos para nenos, gratuito, anque para participar é preciso anotarse antes chamando o 672 418 619.

As prazas son limitadas.

obradoiro-de-caretas

Deixar un comentario