Logo do éxito absoluto do aberto de billarda “Rio Umia” do ano pasado, este ano volvemos dedicar unha xornada a patrocinar este xogo tradicional. Ademais este ano estamos integrados na Liga Nacional de Billarda, na Conferencia Rias Baixas, inda que iso, lonxe de ser inconvinte é todo un atractivo para o xogo, pois contaremos con xentes de toda a comarca e de mais alo, que mediran as súas forzas coas do noso equipo local, os Casilledin do Umia, e con todos aqueles e aquelas de vos que queirades achegarvos a facernos compaña, a participar e a pasar unha tarde de diversión e parranda. ANIMADEVOS E PARTICIPADE, e non esquezades traer os vosos nenos e nenas, pois esta é unha gran oportunidade de divertirvos con eles xogando a un xogo apto para todos os públicos e que convida a compartir…..
Será este sabado 23 , a partir das catro da tarde, no alto da carballeira de Barrantes (onde se poñen as atraccións na festa do tinto), ou se fai mal tempo no pavillon de barrantes.
Deixamosvos varios enlaces, a un video de presetnación montado por unha das xogadoras dos Casilledin, e a varias paxinas por se queredes saber máis…
Presentación “Casilledin do Umia”, preme aqui