Roberto Vidal Bolaño (1950 – 2002)

936134_10151649311218846_116847955_n

Este ano o Día das Letras Galegas esta adicado A Roberto Vidal Bolaño, dende aquí a nosa homenaxe a este fantástico dramaturgo, en forma de pequena biografia.

Roberto Vidal Bolaño naceu en Santiago de Compostela en 1950 e faleceu na mesma cidade en 2002. A vida de Vidal Bolaño foi un círculo que se abriu e se pechou despois de 52 anos en Santiago de Compostela. Nado no barrio obreiro de Vista Alegre, desde ben pequeno tivo que compaxinar os seus estudos e a súa vea artística desenvolvendo oficios relativos ás finanzas. É así como con só 12 anos comeza a traballar como administrativo nun taller de recambios de automóbiles para ir recalando en outras empresas coma unha pequena tenda ou unha axencia de viaxes. Paralelamente a estes compromisos laborais, a fascinación que lle produce o cinema e o teatro van facendo que medren no Roberto mozo as inquedanzas artísticas e culturais. Viuse obrigado a ser autodidacta, pois a Escola de Cine de Madrid na que quixo ingesar pechou as súas portas antes de que el entrase.

A pesar de que chegou a confesar que a súa arela sempre fora ser director de cine, a inexistencia dunha industria audiovisual consagrada e de garantías en Galicia frustrou o seu soño. Pola contra, viu no teatro o xeito perfecto de expresar a súa concepción da realidade e da interpretación. Esta sorte de frustración provoca que o teatro de Vidal Bolaño beba da cinematografía en aspectos coma a ruptura do tempo e os espazo na representación, do mesmo xeito que o fixo participar nunha chea de proxectos audiovisuais con ben diversas funcións. Desde a ideación dos proxectos e o guión ata a interpretación, o modesto gremio existente en Galicia contou co talento desbordante do compostelán. A CUNCA CULTURAL. MAIO 2013. Nº2 3

Mais non é xusto lembrar a Vidal Bolaño sen facer o propio con Abrente, a xeración de dramaturgos galegos que se deron a coñecer nas mostras de teatro de Ribadavia, cuxo nome provén da asociación cultural organizadora das xornadas. Entre as figuras que se poden destacar desta promocíon de talento están Xosé Agrelo Hermo, Euloxio Ruibal, ou Francisco Taxes.

Formou parte do denominado “Grupo Abrente” que, a partir da década dos 70, renovou e actualizou tanto a escrita como as representacións dramáticas galegas. Todas as súas actividades xiraron sempre, e en exclusiva, arredor do teatro: desde a creación do “Grupo Antroido”, en 1975, até a súa compañía actual “Teatro do Aquí”, pasando pola breve experiencia da cooperativa “Teatro do Estaribel”. En 1978 deu o paso definitivo que levou ás xentes do teatro galego a se transformaren en profisionais, superando de vez a pantasma de “amador” que pairara sempre sobre a historia do noso teatro. A súa produción está caracterizada polo compromiso co país e a lingua, a experimentación estética, e o diálogo coa tradición, tanto culta como popular, literaria e histórica, social e política. O feito de que Vidal Bolaño escribise para a súa compañía, coa urxencia que esixe a obrigada estrea anual e a atención dedicada ao texto espectacular, non empeceu en absoluto a calidade literaria dos seus textos dramáticos, nos que as resonancias de Otero Pedrayo e Valle Inclán se transforman en esmaltes que enriquecen a súa literatura e agasallan ao lector. A pesar de que xa nas décadas dos setenta e oitenta lograra diversos premios (“Abrente”, “O Facho” e “Ciudad de Valladolid”), como aconteceu con outros integrantes do “Grupo Abrente”, o recoñecemento artístico de Vidal Bolaño non se produciu até os anos noventa, cando a obtención de premios institucionais, galegos e portugueses (“Rafael Dieste”, “Alvaro Cunqueiro”, “Xacobeo 92”, “Eixo Atlántico”, “María Casares”…), normalizou tanto a publicación das súas obras como o seu coñecemento por parte da prensa e, en consecsuencia, do público. A súa forte personalidade deixou unha profunda pegada nos dramaturgos máis novos, cuxas consecuencias se verán co transcorrer do tempo. A figura e a obra de Roberto Vidal Bolaño foron fundamentais na construción dun teatro nacional galego.

Roi Vidal, fillo de Roberto Vidal Bolaño,o dramaturgo a quen este ano se lle adica o Día das Letras Galegas, e a sua nai Laura Ponte, presentaron a obra Vida e obra de Roberto Vidal Bolaño na xornada de clausura dafeira do Libro de Santiago. Roi Vidal A CUNCA CULTURAL. MAIO 2013. Nº2 4

valorou que «O máis importante da traxectoria persoal e artística de meu pai é a dignidade. Foi o primeiro indignado, e era máis que iso: era digno. Nos seus textos hai moita preocupación por dignificar seres humanos que están sempre marxinalizados na sociedade: os perdedores, os tolos, as putas. Penso que fai unha humanización de todo o que é humano». Laura Ponte representó escenas de Saxo Tenor y Bailadela da morte ditosa, dos de las obras más conocidas del dramatugo. Ambo-lo dous, según anunciaron, estarán os días 18 y 19 de maio no Teatro Principal de Santiago con Bailadelas. Mulleres Bolañesas, un monólogo interpretado por Laura

Ponte, sobre un texto preparado por Roi Vidal. «É unha dramaturxia de varios textos de Roberto Vidal Bolaño. A nosa idea era investigar sobre as personaxes femininas e traballo sobre cinco fragmentos de textos de Bailadela da morte ditosa, Laudamuco señor de ningures, Saxo Tenor, Criaturas e Rastros. Fixen unha adaptación para un monólogo onde actúa a miña nai soa. E hai outra personaxe que fai un pouco de fio condutor», explica

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s