Aprendendo a modelar o aire.

Este fin de semana pasado realizamos o taller de iniciación de globoflexia. Unha decena de persoas que durante unhas horas estivemos retorcendo e dobrando o aire a forza de pechalo dentro dun globo. Estouraron moitos, é certo, pero en xeral foi unha actividade moi divertida, e fómonos para a casa con catro ideas que nos permitirán saír ó paso de calquera continxencia con nenos, e tamen crear as nosas propias figuras, ademais dun manual, estupendamente creado e realizado pola monitora do taller, Tere, que nos servirá para recordarnos como realizar calquera das  figuras  que aprendemos a facer no taller, cando queiramos repetilas e a memoria nos falle..

En resumo, moitas gracias a tod@s @s que participastes e agardamos volvervos ver noutro taller ou actividade.

Deixamosvos unhas cantas fotos do curso…

https://www.dropbox.com/sh/bhcbumlg9nvcowm/AADvyqu4msoxaBEYrDSUsvjPa?dl=0

 

2 thoughts on “Aprendendo a modelar o aire.

Deixar un comentario