Este venres concerto solidario en favor de Amigos de Galicia

                                naked covers

   Dende esta asociación organizamos, coa colaboración  da Cervexeria Encontro, en Barrantes, e con Amigos de Galicia, un evento solidario para este venres, 22 de Novembro. E ademais farémolo dende a perspectiva cultural, como corresponde a unha asociación como a nosa. Será un concerto onde actuaran os grupos locais, Naked Covers,  e Noite fechada , a partires das 22:30 horas. Ademais agardamos poder contar con  algunha actuación mais. Unha noite de musica por unha boa causa. Merece a pena.

O prezo da entrada será  a vontade, ou sexa, o que cada un de vos queirades aportar. A maiores disto, para axudar a encher o peto solidario, o prezo habitual das consumicións incrementarase en 0,50 € , que iran dereitos o bote no momento de pagar as consumicións. Por suposto falamos dun evento solidario, pero tamén voluntario, polo que facer unha doazón non será en ningún caso unha obriga. Temos preparadas ademais un par de sorpresas, para darlle valor engadido o acto.

O total do recadado, ira destinado á compra daquelo que Amigos de Galicia nos diga que lles resulta mais urxente.

cache_2414837028Cando este acto pase prepararemos un artigo extenso contándovos como foi, canto recadamos é en que os investimos. Polo de agora, deixámosvos un enlace a paxina de Amigos de Galicia, que podedes visitar e entender mellor a importancia de axudar a que este acto, e outros que se celebran o longo do ano noutros lugares, saian ben e reciban apoio.

Vemonos o venres.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s