No mes de Marzal esta asociación, que para levar adiante os seus proxectos precisa fornecerse de apoios económicos privados, pasa os recibos das cotas anuais os seus socios e socias.
Aproveitamos para insistir un pouco na necesidade de seguir sumando membros a este proxecto cultural, deportivo e social. Necesitamos axuda, tanto en forma de capital humano, como en forma de capital económico, porque temos moitas ideas e moitos proxectos, e a intención de realizar todo iso e mais, porque é posible e porque é necesario.
Hai unha pestana aquí arriba dende onde podedes baixarvos a ficha e facervos soci@s, ou podedes dirixirvos a nos via e-mail a aso.herminio.barreiro@gmail.com, no telefono 672 418 619 ou dirixindovos directamente a calquera dos membros actuais, que estaremos encantados de sumar as vosas forzas as nosas.
E a tod@s os que xa estades neste barco: MOITISIMAS GRACIAS.