Como sabedes, o longo do mes de agosto estivemos vendendo unhas rifas co obxectivo de recadar fondos que nos permitiran afrontar a xuntanza de músicos tradicionais do ano próximo. As rifas ofrecían como premio un vale por valor de 300€ en material escolar ou se o premiado o prefería, vales por unha cantidade de 300€ para canxear nos establecementos da Asociación de Comerciantes de Ribadumia.
Para conseguir o premio o número do boleto debería ser coincidente co número da ONCE do dia 1 de Setembro pasado. O numero premiado na ONCE ese día finalmente foi o 46467, e o premio quedou deserto debido a que o boleto con ese número non foi vendido.
Queremos dende aquí darlles as gracias a todas as persoas que co seu apoio adquirindo rifas nos axudaron a que a próxima xuntanza de músicos tradicionais, un evento cultural dun enorme interes, que busca achegar a nosa musica mais tradicional a cidadanía, e que aspiramos a que se poida asentar no noso concello e na nosa comarca, estea cada día un pouco mais preto de poder realizarse.