O principiño é unha obra universal pero, como comprobaron as nosas sabias e sabios do faladoiro, non resulta tan facil de analizar como parece. Unha obra tan apaixoante como curiosa, e unha personaxe, o principiño, sen igual na literatura. O resumo, como sempre, premendo na foto ou no apartado do faladoiro da nosa páxina, onde ademais podedes acceder a todo o que imos falando no noso grupo literario.
Logo disto, os dous próximos traballos do noso faladoiro literario. O próximo xoves 16 teremos unha xornada de barra libre, pero centrada na novela negra. Así que se eres afeccionado a este xénero literario que tantas alegrías nos ten dado, tes unha cita ineludible con nos. Recorda, o xoves 16, as 21:00 na cafetería Aromas de Barrantes.
E para a seguinte xuntanza, que será no mesmo sitio e hora o día 30 de Outubro, falaremos de “Cautiva en Arabia”, unha obra de Cristina Morató.