Este pasado sábado tivo lugar en barrantes, organizado pola Asocicación Herminio Barreiro, un pequeno obradoiro de Samaín co obxectivo de que mais de vinte nenos e os seus pais elaborasen uns poucos adornos de Samaín. Ó longo das dúas horas que durou a experiencia, e que se nos fixeron moi curtas, coa guia das especialistas en actividades infantis, As Titiriteiras, vaciaronse calacus, debuxaronse e recortaronse os aterradores rostros, e fabricaronse outros pequenos adornos, como morcegos e momias, que axudarán sen dúbida a darlle outro aire as habitacións dos fogares cando chegue o próximo día de defuntos.
Pero sen dúbida o máis salientable, que no fondo é o que dende a nosa asociación buscamos, foi ver a pais e nenos participando xuntos e activamente dunha experiencia moi entretida. E o exemplo mais claro do éxito da xornada acharedelo na seguinte escolma de fotos. O noso agradecemento e a nosa noraboa tanto as Titiriteiras polo seu traballo, como os pais , as nais os nenos e as nenas pola súa participación.
One thought on “Así foi o noso obradoiro de Samain”