A semán pasada as sabias e sabios do noso faladoiro xuntaronse con idea de repasar o xénero fantástico. O funcionamento normal para estas reunións é que cada membro do grupo leve un libro pero, para crear algo de espectación,sen decir previamente cal vai a ser, e mentres no faladoiro anterior a novela policiaca estivo representada en case todas as súas variantes, o deste xoves foi un faladoiro cun fincapé especial en obras que xeralmente se consideran xuvenís ou mesmo infantís. E como sempre, unha vez sentados a falar, nada resultou ser o que parecía. Houbo dragons, fadas, anxos caidos e maxia, e moitas reflexións sobre a profundidade que agochan moitas destas obras.
Para acceder o resumo de todo isto solo premede na foto que acompaña a este breve artigo, ou ide á sección que lle temos reservada ó faladoiro.