Volve o noso proxecto de hortas urbanas.

macetas_envase

  Logo  do proxecto experimental que realizamos o ano pasado e que bautizamos como ” As nosas  hortiñas”, este ano volvemos cun plantexamento renovado, que pretende animarvos a todos e todas as que vivides en pisos ou en vivendas con pouco espazo, a aproveitar algún recuncho para poder desfrutar dalgunha legume ou herba aromática fresca coa que mellorar os vosos pratos.

     Un proxecto destas caracteristicas non pode iniciarse sen un mínimo de coñecementos, menos cando se pretende, como prentendemos nos, que os máis novos sexan participes del.

  Por ese motivo, como motor de arranque propoñemosvos un obradorio de horta urbana,  para o cal contaremos cunha enxeñeira agrónoma.

 Un obradoiro orientado a nenos e adultos, sen limites de idade nin por arriba nin por abaixo, que ten como maior finalidade potenciar  o cultivo de pequenas hortas, que aproveiten espazos reducidos, como ventás, balcóns, terrazas, ou mesmo dedicando un pequeno anaco do xardín.semilleroyogur

   Unha actividade familiar, que ademais nos permitirá coñecer de primeira man os ciclos da natureza, e dispoñer de produtos frescos e moi sans  cos que completar a nosa dieta.

  Ademais faremos un especial fincapé na reciclaxe de envases, e no coidado do noso medio ambiente.

O OBRADOIRO TERÁ LUGAR NO CENTRO CULTURAL DE BARRANTES.

 SERÁN DOUS  SÁBADOS, O DÍA 7 E  O DIA 14 DE MARZO. DE 11,30 A 14:00.

CONSTARÁ DUNHA PARTE TEÓRICA E OUTRA PRACTICA, PARA QUE POIDADES  FACERVOS COS COÑECEMENTOS MÍNIMOS COS QUE TER ÉXITO CO VOSO CULTIUVO, E TAMÉN PLANTAR AS VOSAS PRIMEIRAS SEMENTES E PLANTAS XA NO PRIMEIRO DÍA.

PRECISAREDES OS SEGUINTES MATERIAIS:

– 2 BRIKS DE 1 LITRO VACIOS (LEITE, ZUMO..ETC)

– 2 BOTELLAS DE AUGA DE PLASTICO 5  LITROS VACIAS (SE TEDES POLA CASA, SE NON DE 1,5L TAMÉN SERVEN).

– TESOIRAS DE PUNTA ROMA

–  LUVAS

TODO O DEMAIS, TERRA , ABONOS, SEMENTES, PRANTAS… POÑEMOLO NOS.

OS NENOS DEBERÁN ESTAR ACOMPAÑADOS DUN ADULTO.

OBRADOIRO GRATUITO, PERO  CON  LIMITE DE PRAZAS.

ANÓTATE CANTO ANTES CHAMANDO Ó :

         672 418 619

tumblr_n7dlwiJeaC1tzjgr1o1_500

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s