25 de marzo de 1911 na cidade de Nova Iork. Ese día, houbo un incendio intencionadamente provocado polo dono dunha fábrica de camisas, onde estaban a traballar nese momento un centenar de mulleres, case todas elas inmigrantes pobres, de orixe xudía e italiana.
Vivíronse momentos dramáticos. O edificio de dez plantas, non tiña medidas de seguridade e os donos bloquearan as portas para evitar roubos e de camiño, impedir que ningunha traballadora abandonase o seu posto de traballo sen o seu permiso. No incendio morreron unhas 146 mulleres, moitas delas decidiron saltar ao baleiro, presas do pánico sen poder encontrar a saída. Os xornais da época recolleron a noticia con grandes titulares e a sociedade neoiorkina quedaría impactada polo sucedido.
Este feito dramático axudou a concienciar aos políticos e cidadáns para esixir leis que mellorasen a seguridade no traballo, e ademais comezouse a reivindicar o importante labor das mulleres traballadoras. Por ese motivo dende moitos ambitos colocase este drama como á orixe da celebración do Día da Muller.
Mais non é esta nin a orixe de tan marcada data nin a única mostra das mulleres da súa loita por ter os mesmos dereitos que os homes. Porque máis que un día de homenaxe, o Dia da Muller é un día de reflexión acerca do importante rol que desempeña a muller en cada ámbito da vida.
A primeira convocatoria do Día Internacional da Muller Traballadora ou Día Internacional da Muller tivo lugar en 1911 en Alemaña, Austria, Dinamarca e Suíza, estendéndose a súa conmemoración, dende entón, a numerosos países. O ano pasado a ONU celebrou o primeiro centenario deste día, creando unha entidade a favor da igual de xénero que é coñecida como ONU Mulleres.
Non obstante, dende a antiga Grecia tense rexistro do primeiro antecedente histórico desta loita da muller por posuír os mesmos dereitos que o seu sexo oposto. Na obra Lisístrata, de Aristófanes, a protagonista realiza unha folga sexual contra os homes para poñer fin á guerra.
Outro feito produciuse durante a Revolución francesa, cando as mulleres parisienses marcharon cara a Versalles e pediron -baixo o lema liberdade, igualdade e fraternidade- o sufraxio feminino. Pero non so iso, as mulleres foron as responsables de que a revolución francesa triunfase, levantándose nas cidades , pero tamen non campo, non so contra o poder feudal, se non contra o poder dos homes, ó que estaban sometidas nunha sociedade onde non tiñan dereitos.
Será a mediados do século XIX cando os movementos reivindicativos da muller saíron á luz: loita polo sufraxio feminino, a reivindicación da igualdade e a denuncia da opresión social, familiar e laboral. Xurdiron entón os denominados movementos sufraxistas, inicialmente de orixe burguesa, con figuras como Flora Tristán; apareceron despois os primeiros grupos feministas no movemento obreiro.
Recéntemente, en 1977, en pleno século XX, a Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU) proclamou o 8 de marzo como Día Internacional polos Dereitos da Muller e a Paz Internacional.
Por qué o 8 de marzo?
Se ben as primeiras celebracións se inician o 19 de marzo de 1911, aínda que algúns sinalan outros anos, a Asemblea Xeral da ONU proclamou o 8 de marzo enhonor á feminista rusa Alexandra Kollonta, quen conseguiu que o 8 de marzo se considerase festa oficial na Unión Soviética despois da revolución de outubro de 1917. Mesmo, dende 1966 é un día non laborable en toda Rusia. En 1975 a ONU comezou a celebrar o 8 de marzo como o Día Internacional da Muller. En decembro de 1977, dous anos máis tarde, a Asemblea Xeral da ONU o proclamou nesa data.