Ola a todos e todas!
Hoxe toca anunciar o inicio dunha actividade que xa viñemos desenvolvendo con éxito o ano pasado: o obradoiro de coiro. Neste obradoiro poderedes aprender, da man profesional de “Argadia Coiro” a artesanía do coiro en todas as súas facetas: fabricación de trenzas, pulseiras, moedeiros, uso de tintes, abalorios… Velaquí a información esencial para realizar o curso:
Días: Todos os mércores desde o 21 de Outubro.
Horario: de 20 a 22 h.
Local: Casa da cultura de Besomaño (Ribadumia).
Prezo: 15 € socios, 20 € non socios.
Temos prazas limitadas. En función da cantidade e nivel dos alumnos, é posible a división en dous grupos en función da experiencia no traballo do coiro (debido á existencia de alumnos “veteranos”).
Podes anotarte no teléfono 636 042 625 (Ana).
Para animarte, bótalle unha ollada aquí abaixo ás fotos dos resultados dos traballos dos alumnos do ano pasado.
Apertas!