Duatlón Cross de Ribadumia 2015

4 DUATLON CROSS RIBADUMIA CARTEL SEN PUBLI

Olá a tod@s!

Coa nosa entrada de hoxe, simplemente vos transmitimos que os detalles para a preparación da edición 2015 do Duatlón Cross de Ribadumia están a ser ultimados. Como sabedes, orgnizamos esta actividade conxuntamente con Clube Náutico o Muíño e mais o Concello de Ribadumia. Aquí podedes ler a información xeral sobre o evento, resumida neste texto que foi enviado á prensa, para ser publicado como nota:

Está organizado pola Asociación Herminio Barreiro e o Clube Naútico “O Muiño” e terá lugar o Domingo 6 de Decembro, a partir das 10.30 Horas en Cabanelas – Ribadumia.

O Concello de Ribadumia presta apoio e implícase na organización da proba deportiva.

Membros da Asociación Herminio Barreiro e do Clube Naútico O Muiño de Ribadumia están a ultimar os preparativos para a celebración do IV DUATHLON CROSS RIBADUMIA – 2015. Dita proba terá lugar o Domingo 6 de Decembro, a partires das 10:30 da mañá, como nas ocasións anteriores, no entorno de Cabanelas – Ribadumia. Hai que resaltar que esta proba é a única do seu estilo no Salnés, sendo tamén xa un referente a nivel galego, tanto polas características técnicas da mesma, como polo entorno no que transcorre, ás beiras do Umia.

Nestes días estase a últimar o trazado definitivo, que como todos os anos contará cun 1º tramo de carreira–cross, seguido doutro de Bicicleta de montaña e para rematar outro tramo de carreira a pé. A proba contara cun sistema de cronometraxe dixital, tanto da saída – chegada, como dos pasos intermedios e transicións carreira-bicicleta. Desde esta semana xa está aberta a inscripción para participar na mesma, que pode realizarse a traves da web http://emesports.es . Na mesma web pode atoparse o regulamento de participación e demais información sobre o Duathlon

Membros da Asociación e do Clube Naútico mantiveron varias xuntanzas de traballo co Concelleiro de Deportes do Concello de Ribadumia, Juan Carlos Esperón, que lles manifestou o apoio do equipo de goberno a celebración da proba e comprometeu a colaboración do Concello para a organización e celebración da mesma, en palabras do Concelleiro: “Vista a boa repercusión e acollida que esta proba está a ter, dende o equipo de goberno faremos todo o que estea na nosa man para axudar a levala a cabo….”

A Asociación Herminio Barreiro e o Clube Nautico O Muiño queren agradecer todo o apoio institucional e a boa disposición do Concelleiro Juan Carlos Esperón e do Concello para toda a loxística organizativa que implica a proba e poder aumentar así ano a ano o seu alto nivel organizativo. Tamén queren resaltar a boa acollida que esta a ter por parte das empresas de Ribadumia que colaboran económicamente para que este evento se leve a cabo, sen o seu apoio crecente ano tras ano non sería posible realizar a mesma.

O apoio a este evento por parte do Concello de Ribadumia ven a confirmar a aposta decidida do equipo de goberno pola promoción deportiva; e ademáis contribue a situar o nome de Ribadumia como un concello referente do deporte galego.

En Ribadumia, a 28 de outubro de 2015

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s