IV Duatlón Cross Ribadumia: una proba cada ano mais asentada.

Foto texto

Foto: Faro de Vigo

O pasado 6 de Decembro tivo lugar o IV duatlón  Cross Ribadumia.  Un ano mais, a actividade, que pola súa complexidade organizativa, supón un maior reto para a nosa Asociación, que este ano se veu reforzado co apoio do concello de Ribadumia

Nesta edición, o circuíto da proba apenas sufriu variacións, pero loxísticamente vivimos un salto cualitativo, cun maior despliegue de medios, especialmente na zona técnica e de transición, e cun percorrido mellor marcado e vallado. Ademais, este ano, Protección civil de Ribadumia fixo un esforzo importante e pudemos dispoñer de voluntarios en mais de 30 puntos de control. O resultado de dispor dunha maior e mellor loxística veuse no transcurso da proba, sen incidentes que remarcar.

Cada ano, esta proba, única na comarca do Salnés, goza de maior reputación entre deportistas e público, motivada en gran medida polas características do circuíto, tecnicamente moi esixente, e encadrado nun entorno de gran beleza como é a ribeira do Umia o seu paso por Cabanelas. Proba desta boa saúde foi que as prazas dispoñibles para a proba, 180, foron totalmente cubertas no prazo de inscricións.

Un ano mais hai que agradecer aos propietarios das fincas a súa colaboración, así como tamén as empresas que coas súas diferentes aportacións fixeron posible que esta nova edición tivera lugar. E dende logo, un agradecemento moi especial o o corpo de Protección Civil Ribadumia polo seu importante apoio e a todos os voluntarios e voluntarias que participaron de todo este traballo.

Como sempre, hai moitas fotos do evento. Deixamosvos varios enlaces: a diversos albumes de fotos para que vos busquedes, a clasificación final definitiva, e ás noticias do evento na prensa. E tamén vos deixamos algunhas fotiños seleccionadas.

Albumes de fotos:

https://www.dropbox.com/sh/cmqdu2r9yzybn4r/AADr8BFc5pAPtNYPqirRbq56a?dl=0

https://photos.google.com/share/AF1QipPd3ez0aRzKE8o4VbyfZFQ2hD7TbV0OqD9xXMJbzVUwne5LhVSvMX3HdQLU3reqSA?key=Vi1EWmpJNUNaYnhhLWRnbnFRakt6RXdQWWRyQzNB

Clasificación:

http://emesports.es/wp-content/uploads/2015/12/Clasificaci%C3%B3n-Duatlon-Ribadumia.pdf

O evento na principal prensa galega:

http://www.diariodearousa.com/articulo/deportes/brais-misa-impone-ribadumia/20151206235359130678.html

http://www.lavozdegalicia.es/album/arousa/ribadumia/2015/12/06/buscate-duatlon-cross-ribadumia/01101449432389856233701.htm

http://www.farodevigo.es/deportes/arousa/2015/12/07/brais-misa-triunfa-ribadumia/1364768.html

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s