Saimos facer o cacho

xanxoan01A recollida de herbas para facer o cacho de San Xoán é unha actividade ideal para os máis cativos, que deste xeito ademais de recuperar unha vella tradición, poden coñecer o nome de moitas das nosas plantas, ademais de pasar tempo en plena natureza. Por ese motivo,

O XOVES 23, A PARTIR DAS 19:30,

realizaremos unha pequena saída polas beiras do río Armenteira (ruta da pedra e da auga), para recoller as flores e plantas que tradicionalmente se usaban neste pequeno ritual.

 SAIREMOS DA EXPLANADA DOS CASTAÑOS, XUNTO A SAIDA DA VÍA RÁPIDA EN BARRANTES.

e nin siquera precisamos moito material:

UNHA MOCHILA OU BOLSA PARA AS PLANTAS RECOLLIDAS (SE É UNHA BOLSA É PREFERIBLE QUE SEXA DAS DE PAPEL QUE DAN EN MOITAS TENDAS).

– UNHAS TESOIRAS. NO CASO DOS NENOS TESOIRAS ESCOLARES.

– ROUPA E CALZADO COMODOS.

– AUGA PARA HIDRATARSE POLO CAMIÑO.

– SE FAI SOL, UNHA GORRA, ESPECIALMENTE OS NENOS, E CREMA PROTECTORA, E @S QUE TEÑADES SANGUE DOCE REPELENTE DE MOSQUITOS.

PARA NENOS E NENAS A PARTIR DE SEIS ANOS. ACOMPAÑADOS DUN ADULTO.

É UNHA ACTIVIDADE GRATUITA E MOI DIVERTIDA, ASI QUE NON DUBIDEDES EN ANOTARVOS, CHAMADE Ó

672  418  619

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s