Obradoiro de caixas-niño.

Para esta primaveira temos preparado un obradoiro moi especial.

Co apoio do grupo Local de Pontevedra de Seo-Birdlife, unha entidade dedicada a concienciar sobre a necsidade de conservación das nosas aves, preparamos un obradoiro de caixas-niño, grazas o cal elaboraremos varias caixas (unha por participante), que logo colocaremos na Carballeira de Ribadumia para que sexan habitadas.

   Esta actividade, totalmente gratuita,  terá lugar o sábado día 1 de Abril , na Casa de Cultura de Ribadumia, dende as 10.30 da mañá, esta orientado a nenos e nenas maiores de 8 anos (acompañados dun adulto), e consistirá na construccíon de caixas-niño, personalizadas por cada alumno, e a colocación posterior, na Carballeira de Ribadumia.

O número de prazas para este obradoiro é moi limitado, e para anotarvos debedes chamar ó 672 418 619

                         caixas-nic3b1o

    ¿Por qué este obradoiro? A maioria das aves insectívoras son beneficiosas para o home xa que se alimentan de moscas, mosquitos ou outros insectos que son dañinos para a agricultura. Moitas destas aves teñen hábitos forestáis utilizando pequenos hocos nos troncos ou ramas de árbores vellas para nidificar e para resgardarse do frío e choiva ou dos depradadores naturais. Hoxe en día por desgraza hai moi poucas árbores vellas no noso entorno que poidan cubrir as necesidades das nosas aves. As caixas niño suplen a carencia de hocos naturais, logrando un incremento xeralizado nas poboacións e a sua estabilidade e permanencia no ecosistema forestal co conseguinte beneficio para a biodiversidade da zona. O obxetivo desta actividade e concienciar sobre todo a nenos e nenas, da importancia da conservación do hábitat e da biodiversidade dunha maneira activa e participativa.

paxaro

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s