Roteiro de Interpretación da paisaxe do Salnés

Smith & Sons (1)   Para este mes de xuño temos preparadas varias actividades. A primeira delas será este roteiro de interpretación da paisaxe do Salnés.

     O paso dos milenos, os cambios climáticos e a acción humana foron moldeando a paisaxe do val do Salnés.  Os que vivimos aquí a miudo estamos tan afeitos ó que vemos que nos costa observar as diferencias entre as case desaparecidas carballeiras e os eucaliptais, ou as  existentes  entre as paisaxes do castrove e a da desembocadura do Umia, ou como os agricultores o longo dos anos diferenciaron as  zonas de cultivo das de  monte en función das carácteristicas do terreo… Unha enorme cantidade de variantes que enchen a nosa comarca dunha gran riqueza paisaxistica.

  Para guiarnos neste roteiro, contaremos coa presenza  de Francisco Castillo Rodriguez, Doutor en Xeografica pola USC, e todo un experto na materia, pois pertence o Instituto de Estudos do Territorio.

O roteiro será o próximo 10 de xuño. Sairemos as 10:00 dende o Centro Social de Barrantes, coa chegada estimada para as 14:00 horas.

O prezo por participar neste interesante roteiro é de 15€ para as persoas que sexan socias, e de 25 € para as que non o sexan.

Inscribídevos chamando ó 672 418 619

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s