Obradoiro de outubro: elaboración de perfumes e aceites esenciais

obradoiro perfumes

En outubro iniciamos unha serie de obradoiros intensivos, moi interesantes e asequibles.

 O primeiro destes obradoiros será o de “Elaboración de perfumes e aceites esenciais”.

Terá lugar o sábado 28 de outubro, en horario de 17:00 a 20:00, no edificio de servizos sociais de Ribadumia.

Os prezos son de 10€ para  soci@s e 20€ para  non soci@s. 

Para anotarvos tedes que chamar, ou mandar whatsapp o número 672 418 619.

Tede en conta que as prazas son moi limitadas, pois os grupos destes obradoiros serán reducidos.

Deixar un comentario