O próximo catro de outubro reiniciaremos o obradoiro de coiro. Unha actividade que goza de moi boa acollida. Este curso volvemos contar para a formación con Miro Magariños, un profesional de primeiro nivel, con moitos anos de experiencia, e capacitación para valorar as horas de formación das persoas que acudan os obradoiros que imparte de cara a conseguir o titulo de artesán .
O formato personalizado do obradoiro permite que na mesma clase participen persoas con diferentes niveis de formación, polo que é apto tanto para as persoas que non teñen ningún coñecemento do traballo con coiro, como para os que xa teñan coñecementos e queiran perfecionarse, pasando por todos os niveis intermedios.
As clases, como nos cursos anteriores, terán lugar todos os mercores, de 20:00 a 22:00 horas.
Os prezos dos obradoiros son os seguintes:
- NON soci@s: 30€/mes
- soci@s: 25€/mes
As clases daran comezo o próximo catro de outubro, e as prazas son moi limitadas.
Podedes inscribirvos ou informarvos mellor chamando ó 672 418 619