Este mes repetimos un obradoiro que xa o ano pasado deixou moi bo sabor de boca: o de decoración navideña. Nesta ocasión, guiad@s pola experta man de Gabri, de “A saia da Carolina”, elaboraremos centros de mesa e coroas decorativas, ideais para darlle un toque complementario ó noso fogar nestas datas.
Os materiais están incluidos no obradoiro, inda que tamen podedes aportar o que vos vexades. Aqui a imaxinación e o estilo particular de cada quen pesa moito.
Para @ soci@s este obradoiro saira en 10€, e para @s non soci@s, a tarifa será de 20€.
Terá lugar o sábado 16 de decembro, no horario e lugares habituais: de 17:00 a 20:00 horas no local das mulleres rurais de Ribadumia.
Tamén, como ven sendo habitual, as prazas están moi limitadas e moi buscadas, así que se vos interesa este obradoiro, non dubidedes en anotarvos canto antes, chamando ó