O 23 de abril conmemórase o Día do Libro. Un pouco por este motivo, e un pouco por que nos pareceu do máis interesante, organizamos a presentación do libro “Cociña galega Tradicional”.
Este libro recibeu a principios deste ano un importante galardón, o premio de periodismo gastronómico Álvaro Cunqueiro, na súa 24 edición…. pero para falar disto e doutras cousas imos ter a fortuna de contar nesta presentación coa autora do libro, Matilde Felpeto.
A cita será o sábado 28 de abril, na Casa de Cultura de Ribadumia, a partir das 20:00 horas.