A formación teatral ten múltiples beneficios para nenos e nenas, entre outros axudarlles a desenvolver a súa expresión verbal e corporal, e estimular a súa capacidade de memoria e axilidade mental, e tamén favorecer a dicción. Co teatro aumenta a súa autoestima, aprenden a respectar e a convivir en grupo, coñecen e controlan as súas emocións, traballan valores como a disciplina e a constancia, ademais de desenvolverse entre o público.
Dende a Asociación Herminio Barreiro, sendo conscientes de todos estes beneficios, e de outros moitos, decidimos dar un paso adiante na nosa programación de actividades infantís e no próximo curso escolar imos por en marcha unha escola de teatro infantil e xuvenil.
Para elo, contaremos co apoio de Fatima Rey, profesional con ampla experiencia na formación teatral (directora da escola municipal de teatro de Catoira , da escola de teatro Valle-Innova e de Compañia Tatana teatro) que impartirá as clases de ambos grupos. A duración das mesmas será de hora e media, e terán un custe de 10€/mes para soci@s e 15€/mes para non soci@s.
As prazas para cada grupo son limitadas, polo que, inda que non temos previsto comezar ata outubro, abrimos xa o prazo de inscrición.
Para máis información, ou para inscricións, solo tedes que chamar o