Coñecer a nosa historia dende o máis antigo. Esa é unha das metas que nos poñemos para os próximos meses na Asociación Herminio barreiro. E que mellor maneira de comezar que polo complexo rupestre de Campo Lameiro, a través dunha visita guiada.
O parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro é o maior centro de arte rupestre de Galicia, cunha superficie de 22 hectareas, das cales 5.000 metros cadrados están dedicados a salas cubertas con exposicións , bibliotecas, etc, e o resto está conformado pola exposición ó aire libre das nove estacións que conteñen máis de vinte rochas grabadas e a recreación e dun poboado da idade de bronce. As figuras, típicas da arte rupestre galega, que se encontran distribuidas por unha parte do parque forman parte polas súas caracteristicas e situación xeográfica do grupo da vertente atlántica europea, e teñen un moi alto interese arqueolóxico.
Realizaremos a visita na mañá do domingo 4 de novembro. Sairemos do aparcadoiro dos Castaños (a carón da oficina de turismo) as 10:00 da mañá, e volveremos cara a hora do xantar.
O custe para os socios e socias será de 5€, mentres que para as persoas non socias será de 10€.
As prazas* son moi limitadas, polo que para participar compre inscribirse previamente chamando ó :
672 418 619
*nen@s a partir de nove anos.