Obradoiros de novembro: pan artesán e pans do mundo.

   Con novembro chegan os días de alimentar  as cociñas de leña e chemineas, pero tamén nos parecía un bo mes para aprender a facer pan. A tal efecto preparamos neste caso dous obradoiros baseados na elaboración dese produto tan básico como imprescindible. Un destinado a facer pan do país de xeito artesanal, e outro coa idea de coñecer como se elabora o pan noutras partes do mundo.

  Para a realización destes dous obradoiros contaremos co apoio e profesionalidade da propietaria  de Made in Fofan , Mónica Novas, que nos recibirá nesa cociña-aula que ten habilitada  no aloxamento rural que toma o nome da aldea onde está integrado.

  Son obradoiros distintos, polo que podedes anotarvos para un solo deles, ou para os dous. O prezo, por cada un dos obradoiros é de 10 € para soci@s e de 20€ para no soci@s, e como sempre as prazas son moi limitadas.

Para facer a inscrición podedes mandarnos un mail a aso.herminio.barreiro@gmail.com ou chamar ó

672 418 619

obradoiro de elaboración de pan (1)

Deixar un comentario