Ribadumia ten moita historia. e moi antiga. O castro de Leiro-Besomaño é un exemplo claro. As excavacións realizadas recentemente permiten agora coñecer un anaco desa historia, e de como era a vida na comarca 2.000 anos atras.
Pero moita é a xente que descoñece esta parte do noso pasado. Por ese motivo organizamos unha saída, acompañados de guías profesionais e arqueologos que participaron na excavación, ó longo da cal visitaremos as salas de arqueoloxía do museo de Pontevedra, onde estan recollidas varias pezas achadas no xacemento, seguido dunha visita o propio Monte do Castro, onde coñeceremos de preto como era a vida nese antigo poboado.
Sen dúbida unha moi interesante saída, que terá lugar na maña do domingo 24 de febreiro e para a cal contaremos cun bus que sairá da praza do Concello as 10:00. Os prezos son tamén moi asequibles, quedando nos 15€ para soci@s e nos 20€ para non soci@s.
Contamos con prazas limitadas, e para inscrivirbos solo tedes que chamar ó