Coa chegada do Nadal, a nosa escola de teatro quere ofrecervos unha mostra das súa arte, cunha tarde chea de risas e sorpresas apta para todos os públicos.
Será na tarde deste domingo 15 de decembro, no centro social de Barrantes, a partir das 18:00 horas, e ademais de balde.
A nosa escola de teatro da nosa asociación naceu a finais do 2018, co obxectivo de establecer unha escola de teatro infantil e xuvenil no noso concello, como unha alternativa moi interesante de cara a formación dos nenos, pero tamen moi divertida para eles. Actualmente conta con 15 artistazas, que este domingo nos van ofrecer a través de catro pezas teatrais, todo un exemplo do ben que se lle da, pero sobre todo do moito que lles gusta.