En outubro volve o noso obradoiro de coiro.

   Vai rematando o verán e dende a Asociación Herminio Barreiro imos arrincando coas nosas actividades.  Comezamos  polo obradoiro de coiro, que volve outro curso máis.   Comezaremos o mercores 3 de outubro, e como nos cursos anteriores, teremos unha clase semanal de dúas horas, de 20:00 a 22:00, ata rematar o mes de maio. … Seguir lendo En outubro volve o noso obradoiro de coiro.

En outubro poñemos en marcha unha escola de teatro infantil e xuvenil

 A formación teatral ten múltiples beneficios para  nenos e nenas, entre outros axudarlles  a  desenvolver a súa expresión verbal e corporal, e estimular a súa capacidade de memoria e axilidade mental, e tamén favorecer a dicción. Co teatro aumenta a súa autoestima, aprenden a respectar e a convivir en grupo, coñecen e controlan as súas  emocións, traballan valores … Seguir lendo En outubro poñemos en marcha unha escola de teatro infantil e xuvenil