
O poeta Carlos Oroza naceu en Viveiro no ano de 1923. En algún momento da súa xuventude (anos 60) se instalaría en Madrid, pero tamén residiu durante algúns tempos en Ibiza e USA. Regresaría a Galicia (Vigo) no ano 1985. Durante toda a súa existencia levou un estilo de vida bohemio e un tanto fuxidío, de tal maneira que nunca ninguén soubo o lugar exacto onde residía. Como dixera o poeta César Antonio Molina «Nadie conoce la dirección de Oroza porque eso sería como conocer el paredero del viento o de la brisa».
Toda a súa obra está escrita en castelán. Na súa poesía predominan os versos libres, con forza, en composicións impresas de ritmo. As súas obras en grande medida foron enxergadas para ser recitadas, segundo era a preferencia do noso poeta, pois consideraba os libros como «cementerios de signos». De esta maneira, algunhas eran reescritas máis de unha vez. Os seus recitais adquiriron grande sona, tendo grandes éxitos en Madrid, Barcelona en Nova Iorque. Unha anécdota célebre da súa vida aconteceu nun recital en Pontevedra, no ano 1975, onde presentou un poema de contido fortemente antifranquista no teatro Malvar. Como consecuencia, formouse un tumulto de protestas de un grupo de militares que o pretendía fusilar, e tivo que saír escoltado por un grupo de amigos seus que se fixeron pasar por policías secretos.
Aínda que nunca pertenceu a un movemento literario, nin é fácil de axustar a un molde, está considerado como un parente da “xeración beat” dos anos 60-70 en USA, que ten en Allen Ginsberg o seu máis destacado creador. Como eles, consideraba que a poesía estaba destinada á oralidade, e tiñan moitas conexións coa música de vangarda do momento. A os seus recitais acudía un público heteroxéneo, non só intelectuais ou escritores, tamén persoas vinculadas a esas vangardas musicais (rock, jazz) que habitualmente non tiñan interés na literatura. Un dos seus poemas máis célebres “Malú” foi cantado por Nico, musa de Lou Reed, Warhol e van Morrison.
Durante os seus anos en Madrid, era un habitual do café Gijón, e os seus faladoiros literarios. Segundo Francisco Umbral «[Carlos Oroza] era el poeta maldito del café Gijón, el bohemio de los sesenta». Neste ambiente coñeceu a diversos persoeiros da intelectualidade española do momento, e tamén da galega, como Xosé Lois Méndez Ferrín, e Herminio Barreiro.
Pasou as tres últimas décadas da súa existencia en Vigo, camiñando solitario polas súas rúas, sentindo de algunha maneira a chamada das súas orixes galegas a través da presenza do mar e a luz da cidade máis ao Sur do noso país. Morreu en Madrid en 2015, e foi enterrado en Vigo.
As súas obras principais son: Elencar (1974), Cabalum (1980), Alicia (1985), Una porción de tierra gris del norte (1996), La llama prestada (1998), En el norte hay un mar que es más alto que el cielo (1997, revisado e ampliado en 2005) e Un sentimiento ingrávido recorre el ambiente (2006).
Recibiu en Nova Iorque o Premio Internacional de Poesía Underground. Tamén foi galardoado coa medalla de ouro do Círculo de Bellas Artes de Madrid e o Premio da Fundación Laxeiro 2008.