Dende a nosa asociación traballamos para recuperar e manter moitas pequenas tradicións que co paso do tempo e a modernidade se van perdendo.
En Galicia temos moitos rituais ou costumes relacionados co solsticio de verán (a noite máis curta do ano), como as cacharelas ou unha innumerable cantidade de feitizos e meigallos para conseguir todo tipo de obxectivos, dende namorar a unha persoa ata concebir fillos ou curar unha enfermidade.
Unha tradición moi arraigada e tamen moi interesante, pois mantivose dende tempos anteriores á chegada do imperio romano, é a de deixar flores en auga na noite de san xoan para que recollan ese orballo de caracteristicas maxicas e, a maña seguinte, lavar a cara con esa auga e secar as flores e deixalas nas portas das casas para espantar as meigas, ou usalas como remedios naturais para moitos males.
Por isto, co ánimo de recuperar esta anterga costume, o próximo
DOMINGO 23 DE XUÑO, AS 11:00 DA MAÑA,
realizaremos unha pequena saida polas beiras do rio armenteira (ruta da pedra e da auga), para recoller as flores e plantas que tradicionalmente se usaban neste pequeno ritual. sairemos da
EXPLANDA DOS CASTAÑOS, xunto a saida da via rápida en barrantes.
Unha actividade ideal para os mais cativos, que deste xeito coñeceran o nome de moitas das nosas plantas, ademais de pasar unha maña en plena natureza. e tamen para os menos novos e novas, pois durante o percorrido falaremos dos usos tradicionais de moitas plantas, e mesmo de outras tradicións arredor da noite máxica do san xoan.
e nin siquera precisamos moito material:
– unha mochila ou bolsa para as plantas recollidas (se é unha bolsa é preferible que sexa das de papel que dan en moitas tendas).
– unhas tesoiras ou cuter. no caso dos nenos tesoiras escolares.
– roupa e calzado comodos.
– auga para hidratarse polo camiño.
– se fai sol, unha gorra, especialmente os nenos, e crema protectora.
e unha actividade gratuita e moi divertida, asi que non dubidedes en apuntarvos,
para mais información chamade o 672418619,