E fixemos o cacho!!

o cacho

 Na maña do 23 de Xuño,  como habiamos anunciado, levamos a cabo unha saída pola ruta da pedra e da auga coa intención de recoller flores para facer auga de San Xoan ou, o que ven a ser o mesmo, facer o cacho.

Foi unha maña moi interesante. Coa sorte de ter por fin algo de  bo tempo  xuntámonos  trinta persoas, moitos deles nenos, que compartiron esta vella costume con nais, pais e algunha que outra sabia avoa,  aprendendo os nomes das plantas e as súas utilidades. Distribuímos un pequeno libreto con fotos das plantas mais coñecidas e os seus usos tradicionais, unha guía que a posteriori demostrou ser moi practica pero incompleta, vista a enorme variedade de flores que recollemos. Porque  recollemos case de todo. Fiuncho, margarita, bieito, ortensia, ruda, fento macho, flor de chopo, rosa silvestre, espadaina, menta, loureiro, nogueira, carrasco, xesta, croques, malva, ata a moi rara de ver herba de San Xoan. E as que non encontramos, como herba luisa ou romeu, unha  moza moi amable tróuxonos uns anacos do seu xardín. Aprendemos moito sobre as diferentes variedades que hai da mesma planta, como  o fiuncho, do que topamos varios tipos ou do loureiro, que cando se colle para usar na festa de ramos ou para facer o cacho ten que ser “loureiro rei” e ningún outro. Paseamos, falamos de tradicións e costumes e vellas cousas que se están perdendo, e os nenos pasárono en grande cunhas tesoiras escolares na man, e permiso para utilizalas.

O final todos marchamos para as nosas casas con idea de añadirlle o noso toque (petalos de rosa, xeranio, xazmin, lavanda…) e de buscar a auga de sete fontes para rematar a faena, e así poder lavar a cara pola maña de San Xoan con esa  auga purificada.

Dende a asociación Herminio Barreiro queremos dar as gracias as todas as persoas que participaron desta pequena actividade.

Deixámosvos unha pequena reportaxe fotográfica .

https://www.dropbox.com/sh/4j0uquvitbj72wn/AAAcNFhdwQr0-ivn4nnQaFvMa?dl=0

One thought on “E fixemos o cacho!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s