Éxito absoluto do concerto solidario

SAM_2804
Membros da organización, cos propietarios do Encontro e membros dos tres grupos que actuaron esa noite.

O pasado 22 de Novembro, como xa saberedes , celebramos un concerto solidario a favor de Amigos de Galicia. Un proxecto onde participaron activamente con nos a cervexeria Encontro e tres grupos locais, Naked covers, Os Carenas e os Noite Fechada. A musica tivo unha forza especial e a xuventude demostrou a súa capacidade de compromiso. Era un acto humilde, de caracter local co único obxectivo de, nun momento dificil para moita xente, votar un pequeno cable que sabemos que non soluciona nada, pero que polo menos axudara  a mellorar inda que solo fora un pouquiño e temporalmente algunhas situacións. O  resultado final foi sen dubida un éxito total de asistencia e de apoio a causa , pois absolutamente todas as persoas que acudiron o concerto doaron algo, a pesares de que non era obrigatorio. E tamén foi un éxito  de recadación, onde chegamos, moeda a moeda,  os 772€, que sumados os 350 doados polo Encontro , sumaron a cifra de 1122€ que foron destinados integramente a compra de galletas para o almorzo.

IMG-20131129-WA0006
os 1122€ recadado rendiron para comprar mais de 1200 paquetes de galletas que permitirán a moitas familias en situación dificil ter con que acompañar o almorzo

Dende aquí o noso agradecemento a todas aquelas persoas que fixechedes posible este evento e o seu éxito: os grupos participantes por facernos pasar unha noite tan divertida, a cervexeria Encontro por involucrarse totalmente con este acto, permitindonos usar o seu local, apoiandonos na loxistica e animando a noite regalando unha cea e facendo unha importante doación. Os compañeiros desta asociación que pasaron a noite ao frio co peto e o taco de entradas na man, explicando unha e outra vez que era o que estabamos a facer, e repartindo agradecementos sen parar. A  Amigos de galicia pola súa labor, e falando deste acto concreto queremos dar as gracias   especialmente a nosa querida Marta, que fixo de enlace necesario con esta entidade, de porteira, de fotografa e mesmo  de camareira. O furancho de Siso, que sen ninguen decirlle nada, o saber o que iamos facer cedeu unhas caixas de viño para que tamen agradeceramos con elas, sorteandoas o longo da noite,  a participación do público.

E a todos os que vos achegachedes ata o Encontro, disfrutachedes dos concertos e deixaches un donativo co que ir enchendo o noso peto. MOITISIMAS GRACIAS.

Deixamosvos unhas cantas fotos da noite….

https://www.dropbox.com/sh/4mcc9s61t83ckpn/AADBrFqKL4Wayx_7PrUxk_Bpa?dl=0

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s