Pois xa estamos no mes de Nadal. Son tempos de corazóns enchidos de alegría, de solidariedade , amor, cenas de empresa, discusións familiares… todo iso. Nos quixemos despedir o ano mirando o pasado, ás primeiras expresións literarias da lingua galega, a lirica trobadoresca, con Martin Codax, Meendinho e Xohán de Cangas como maximos referentes.
Pero ademais desta pequena información cultural, e de presentarvos a axenda cultural do concello para este mes, queremos desexarvos un moi bo nadal. Disfrutadeo sexades ricos ou pobres, relixiosos, ateos, agnósticos, fanáticos das compras e dos centros comerciais saturados, ou inda que non sexades nada de todo isto, pois todos e todas temos dereito a uns cantos días de alegría o ano.
Nos seguiremos aqui no proximo ano, e comezaremos forte, coa celebración do 2º Duatlon Ribadumia, unha proba puntuable para o campionato galego, na que xa estamos traballando e para a que temos unhas espectativas fantasticas.
Un saudo e…. Bo nadal!!!!!
P.D…para os que vos interese profundizar un pouquichiño nas nosas tradicións navideñas, e nalgún que outro rito curioso destas datas, o final do boletín tedes un artigo moi interesante.