O pasado fin de semana celebrouse o II Duatlón Cross Ribadumia, unha proba organizada pola nosa asociación e o Club Nautico O Muiño, e que era puntuable para o circuíto galego de Duatlón, sendo ademais a primeira proba da tempada deste circuíto.
Este ano o percorrido presentaba significativas novidades no trazado coa separación do sector de carreira a pe do sector de bicicleta, o aumento do tramo técnico no monte, ou o paso pola ponte medieval de Pontearnelas. O tempo condicionounos moito a preparación do circuíto, pois as choivas en días anteriores a proba e o desbordamento do río Umia a falta de unha semana, obrigounos a facer cambios de última hora, algún deles no mesmo dia da proba. A pesares disto, gracias traballo conxunto dos membros da organización o circuíto estivo preparado e perfectamente delimitado no momento de darse a saída.
Foi unha maña moi chuviosa, o cal provocou que a dureza da proba, que xa era alta, aumentase o converterse o circuíto nalgúns tramos nunha lameira moi difícil de percorrer. Pero esa dureza aumentou tamén a beleza da proba, que tomou tintes épicos nalgúns momentos, cuns participantes entregados o sufrimento das pernas cunha paixón polo deporte digna de admiración.
Para a nosa asociación , poder realizar unha proba destas características é dunha importancia capital, debido a gran promoción que se fai do deporte e dos seus valores, encarnados aquí nunha proba que reúne nun único circuíto e momento a participantes de varias franxas de idade e de niveis físicos, dende o simple afeccionado o profesional do mais alto nivel, e ademais cos dous sexos presentes, circunstancia esta que se da moi pouco no mundo do deporte .
Dende aquí queremos dar as gracias os e as participantes e a todas as persoas e entidades que fixeron posible o a realización desta proba, que cada ano colle mais forza debido especialmente a unión entre a beleza paixasística do entorno onde realiza e un circuíto cunhas características particulares, que conxugan velocidade e técnica, e que tanto deportistas como público valoran moi positivamente.
Deixamosvos unhas poucas fotos cedidas por Enrique Oubiña, Alfredo Lopez e Luz Iglesias
https://www.dropbox.com/sh/ig1y492kx18u1eq/AADcb9nt_hrbQreF7WDH47DSa?dl=0