Dende a Asociación Herminio Barreiro cremos na necesidade de impulsar o coñecemento e a posta en valor da nosa música mais tradicional. Por ese motivo puxemos en marcha , co apoio do grupo de panderetas Noutrora, varios negocios hostaleiros de Barrantes (Lareca, Encontro, Che, Aromas e Lucho) unha xuntanza de músicos tradicionais que demos en chamar
Ghaiteirada 2014.
Tratase de crear una xornada de confraternidade entre os amantes da música tradicional, sexan músicos ou simplemente persoas as que lles gusta escoitar unha boa muiñeira.
Para lograr ese obxectivo planexamos unha xornada completa,
o sabado dia 10 de Maio ,
que comezara cun pasarúas polo centro de Barrantes, o que logo da pausa para tomar aire, seguirá un Xantar de confraternización que en principio se celebrara no meson de Lucho (rua condesa), pero que en caso de superar o aofor do local se trasladara o centro cultural de Barrantes.. A este Xantar os grupos que confirmen asistencia poderan acudir convidados pola Asociación Herminio Barreiro e polos nosos patrocinadores, pero ademais calquera persoa que o desexe poderá adquirir un convite polo prezo de 20€. Ademais para facilitar que as familias traian os seus nenos, as crianzas ata os 14 anos non terán que pagar nada, solo vir acompañadas dos seus, avós, pais ou irmáns maiores e disfrutar da marabilla de compartir mesa cun grupo de músicos,. Sen dúbida unha experiencia digna de recordar.
Xa cara o serán, os musicos trasladaranse os locais participantes, e desfrutaremos dunha velada da sempre alegre e festeira musica galega.
Se che gusta a música tradicional, te emocionas co son dunha gaita ou te lanzas ao sentir o ritmo das pandereiteiras, non podes faltar. E se solo sentes curiosidade por coñecer un pouco mellor a nosa cultura a traves dos sons que a conforman, tampouco podes faltar. E se solo tes ganas de pasar un rato de festa e alegría, pois aínda menos.
E se ademáis queres participar do Xantar, podes adquirir os convites nos locais participantes ou chamando o 672 41 8619.
4 thoughts on “Ghaiteirada 2014 . Xuntanza de músicos tradicionais en Barrantes.”