As nosas hortiñas

1_620x466   Este pasado sábado púxose en marcha o proxecto interactivo de hortas urbanas  “ as nosas hortiñas”, un proxecto creado inicialmente para promover a creación de pequenas hortas nos balcóns e terrazas dos pisos, pero que xa antes de converterse en realidade ampliou os seus horizontes, incluíndo a calquera que queira  participar, plante onde plante, sexa unha venta, un balcón  ou unha  horta.

  Na presentación distribuíuse unha unidade  didáctica básica e deronse explicacións para que cada quen puidera montar a súa hortiña onde e como mellor lle parecera, e dos pasos a seguir coa parte de internet, a través da paxina http://cuncasculturais.org/hortas/  e da aplicación tumblr.com, onde se aloxan os espazos particulares creados  para cada horta,  e o procedemento básico para facer do proxecto una experiencia compartida e moito mais enriquecedora.

  Unha decena de hortiñas poñeranse en marcha estes días,  a maioría en Ribadumia, pero tamén con “delegacións” na Armenteira, Cambados  e na Coruña nun proxecto aberto ao que calquera pode sumarse en calquera momento.

tumblr_n4kzo0keRz1tzjgr1o1_1280   Asi que se tes un balcón ou un anaco de espazo ,sexa pequeno ou grande, onde produzas ou queiras producir os teus propios legumes e ademais queres compartir esa experiencia con outras persoas  solo tes que poñerte en contacto con nos a través dos correos: hortas@cuncasculturais.org , aso.herminio.barreiro@gmail.com, ou sinxelamente chamando o telefono 672 418 619.

E en calquera caso, podes seguirnos a traves da web do proxecto ,  http://cuncasculturais.org/hortas/   ou da paxina a Asociación Cultural Herminio Barreiro:   https://ascuncasculturais.wordpress.com/,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s