Este faladoiro xirou ó redor dunha figura femenina moi relevante a principios de seculo pasado é que pasou a historia pola súa axetreada e aventureira vida. Un faladoiro de debate intenso, pero sempre interesante.
Podedes ver a opinión das nosas sabias e sabios premendo na foto ou como sempre na sección do faladoiro literario.
A seguinte lectura na que se embarcan as nosas sabias e sabios é La voz dormida de Dulce Chacón, unha historia ó redor da guerra civil.
Pero no interin, o noso faladoiro abre un inciso para tratar a Esmorga de Eduardo Blanco Amor, cuxa versión en cines se estrea este 21 de Novembro. Por ese motivo, a próxima semana as nosas sabias e sabios trasladaranse a unha sala de cine, antes de reunirse, ollaran a versión cinematografica dunha das grandes obras da literatura galega, e logo comentaran libro e pelicula nun faladoiro fora do común. Como sempre, quen o desexe pode unirse a nos nesta aventura literaria e neste caso tamén cinematografica .
Deixamosvos o trailer da pelicula…