Presentamos o II concerto solidario que terá lugar este venres 21, na cervexería Encontro de Barrantes a partir as 22:00 horas , organizado pola Asociación Herminio Barreiro e o Encontro, e que será a favor de Amigos de Galicia.
Contaremos co apoio no escenario de catro grupos, dous de Cambados, que son os killing floor e os sharknadoos, un de Ribadumia que é Dèjá vu, e outro que solo se pode definir como “da ria” , que son os Noite fechada.
Para explicarvos un pouco como xurdiu todo isto facemos algo de memoria.
A idea inicial naceu da Asociación Cultural Herminio Barreiro, unha asociación con base en Ribadumia, e que dende o 2012 que foi creada leva traballando moi intensamente en varios frontes, o cultural, o deportivo e o social.
Cando nos puxemos a darlle voltas a idea dalgún evento de carácter solidario, chegamos a conclusión de que o que queiramos facer era un concerto, pois asi xuntabamos cultura e acción social nun mesmo acto. E ademais queriamos que fora un acto festivo, non formal, e onde a xente pasara unha noite divertida e de paso axudara cuns euros ó fin . Dándolle voltas a idea puxémonos en contacto co Encontro, un local de referencia en Barrantes e no Salnés, que aposta moi firmemente pola cultura especialmente pola música, programando ademais concertos todas as semanas, e cuxos propietarios naquel momento se volcaron por completo no proxecto. E con iso e o apoio dos grupos musicais, puidemos organizar o asunto. Logo solo tivemos que decidir a que entidade social queriamos axudar, xurdiu Amigos de Galicia, falamos con eles e xa todo foi rodado.
A edición do ano pasado, con Naked Covers, os Carenas e Noite Fechada resultou ser un éxito, tanto de participación como de recadación. Falamos dunha cifra final mais de 700€, que logo o propio Encontro redondeou ata superar os 1100€, que se dedicaron integramente a compra de alimentos.
E este ano quixemos repetir. Temos a sorte de que o actual propietario do Encontro mantén o mesmo compromiso que achamos o ano pasado, se volcou con nos novamente e polo tanto podemos repetir formato. O noso obxectivo é conseguir que a xente o pase ben, e que quen poida e o desexe nos vote uns euros no bote cos que apoiar a Amigos de Galicia na súa labor.
A mecánica será moi sinxela. O prezo da entrada será a vontade, e logo nas copas temos previsto un imposto solidario de 50 céntimos, que serán tamén voluntarios. E para animar as aportacións, tanto a quen doe na entrada como a quen o faga o pedir as copas, daremos rifas para o sorteo dunha cea para dúas persoas, regalo do Encontro, e haberá algunha sorpresiña mais que estamos preparando.
Sobre os grupos que actuaran unha pequena referencia:
Killing Floor: Grupo instrumental Cambadés de recente creación que versionan temas de blues/rock convertíndoas nunha especie de jam session baseándose na improvisación.
Déjà Vu: Cuarteto debutante composto polos irmáns Abollo, orixinais de Los Pablos; e Manolo Abuín mais Bruno Canario, procedentes de Fora de Ser Vicio. Apostan por un repertorio de Pop e Rock combinando versións e temas propios.
Sharknadoos: Veñen pegando moi forte dende o seu debut hai pouco máis dun ano. A voz e carisma de Andrea Area xunto coa calidade musical da banda crean unha combinación máis que atractiva para defender e ata mellorar clásicos do Rock, soul, blues, rockabilly…
Noite Fechada estrénase no Encontro o 8/3/13 cunha proposta de versións rockeras “traducidas” ao galego. Letras coñeras e reivindicativas, espectáculo e 73 concertos ás costas a día de hoxe en festivais e locais da xeografía galega, ao que hai que añadir novas letras e temas propios