Este pasado venres tivo lugar un dos acontecementos mais importantes para a nosa Asociación: o Concerto Solidario. Nesta segunda edición puidemos constatar como o evento se vai asentando entre os veciños de Ribadumia e arredores, algo que nos da moito ánimo para seguir repetindo en próximos anos.
Pero un éxito así non se consegue sen a participación de moita xente, e hoxe é o dia de valorar o evento e de agradecer a colaboración e traballo de todas as partes implicadas.
Sobre o concerto compre remarcar varias cousas. En primeiro lugar o apoio da xente que se achegou ata o Encontro e que se volcou co acto. O longo da noite puidemos constatar que a pesares da choiva as cifras de asistencia eran similares as do ano pasado, con arredor de cento cincuenta participantes. Unha cifra que se temos en conta as dimensións do local e do evento, so se pode calificar como éxito. A recadación tamén andivo preto da edición anterior, e a pesares de non chegar os 700€ do ano pasado, a diferenza foi pequena e os 670€ reunidos non cabe dúbida de que fan unha cifra moi importante, sobre todo se temos en conta que a maioría do público asistente era xente nova, estudantes en moitos casos, que sen embargo nos deron unha lección ós mais vellos de solidariedade e compromiso social.
Estamos moi orgullosos tamén nesta asociación do compromiso adquirido polos catro grupos, Killing Floor, The Sharknadoos, Dèjá Vu e Noite fechada, que se sumaron a esta iniciativa dende o minuto un e poñéndoo todo pola súa parte para facer da noite o que foi mais aló da faceta social, un concertazo como poucos. Para nos supón unha gran alegría porque ademais constatouse, por se alguén tiña dúbidas, a boa saúde musical da que goza a nosa comarca.
Unha mencion especial temos que dedicarlla a O Encontro. Primeiro a Gustavo Rey, propietario actual, que recolleu o guante tirado por Carmelo Abollo e Manuel García o ano anterior ó implicarse nesta idea tola de montar un concerto un venres de Novembro en Barrantes para recadar fondos para axudar a Amigos de Galicia . Ademais hai que añadir que o igual que os seus antecesores na xerencia do Encontro o ano pasado, o propietario actual puxo 360€ da recadación da noite para o bote, unha cifra moi importante para un local das características e dimensións do Encontro, facendo así que a cifra final de recadación supere os 1000€, un apoio que merece todo o noso recoñecemento e gratitude. E por outra banda todo o equipo de camareir@s do bar, Barbara, Carme, Goyo, e os abnegados pais de Gus, que o deron todo, non so na noite do concerto, se non tamén nos días previos colaborando na preparación do local, ca decoración, co tema do photocall que tanto xogo deu o longo da noite, buscando apoios entre comerciantes dende Viveiros Outon á tenda de jolichadas para que nos cederan material de atrezzo … en fin, unha serie de pequenas cousas que deron ó local o aire de concerto con vea solidaria que buscabamos, e que sen a súa axuda iamos ter mais complicado conseguir.
O final , unha noite longa e para nos esgotadora, pero cun resultado de 1030€ que a próxima semana se transformaran en alimentos de primeira necesidade que logo os Amigos de Galicia se ocuparan de distribuír entre familias que están pasando momentos difíciles, e das que nos, como Asociación que naceu con vontade de realizar entre outras moitas cousas certa labor social, non podemos nin queremos esquecernos.
Para os que queirades ver como foi a noite en imaxes, aqui vos queda un pequeno albúm de recordo.
temporalmente falta enlace ó albúm.
One thought on “Éxito do II concerto solidario”