III Duatlón Cross: un novo éxito organizativo.

 10343006_753597618058345_7722149883237941777_n O día 28 de decembro do ano pasado tivo lugar o III duatlón  Cross Ribadumia.  Un novo reto para  o equipo que  organizou o evento, este ano xa fora do abrigo da Federación Galega de triatlón, e apostando por unha proba de alto nivel.

  Como novidades  mais importantes temos que salientar os cambios na data, adiantando a proba quince días,   no trazado, agora máis técnico e vistoso, a cronometraxe a través de chip e e a concesión de importantes  premios económicos os primeiros clasificados.

  Procurar todos eses cambios supuxo un importante esforzo para o equipo de organización,  tanto á hora de conseguir os imprescindibles patrocinios como a de preparar un circuito atractivo e un desenrolo final da proba totalmente controlado, pero  con esa capacidade que traballo que é o seu  sinal de identidade, e co apoio do resto da Asociación Herminio Barreiro e do Nautico o Muiño, conseguiron superarse,  e todos os esforzos culminaron cunha proba que xerou unha gran aceptación por parte do público, dos medios de comunicación e dos participantes , que fulminaron records anteriores de participación o chegar ós 187 inscritos, e que salientaron ó remate da xornada a calidade do circuito e a boa organización da proba.

   Dende aqui queremos dar o noso agradecemento a todas as persoas e entidades que participaron na organización deste evento,  ós propietarios das fincas polas que transcorreu, e os nosos patrocinadores ,sen os cales isto non sería posible.

http://www.diariodearousa.com/articulo/deportes/marcos-mayo-gana-espectacular-duatlon-cross-ribadumia/20141228233907098243.html

http://multimedia.farodevigo.es/fotos/deportes/marcos-mayo-fue-mejor-ribadumia-30037_1.shtml

http://www.lavozdegalicia.es/album/deportes/2014/12/28/imagenes-duatlon-ribadumia/01101419768269754840171.htm

One thought on “III Duatlón Cross: un novo éxito organizativo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s