O retorno logo do nadal do noso faladoiro literario foi a través do amor, e do cólera, que polo visto ten síntomas moi parecidos. Unha excelente obra de Gabriel Garcia Marquez, coa que as nosas sabias e sabios se enfrontaron ó rebumbio dunha típica “tarde de fútbol nun bar”.
preme na foto ou busca aqui a dereita, na sección que o Faladoiro ten de seu.
A seguinte obra vai ser un pequeno clásico póstumo de Jack London, tanto que a novela foi rematada moitos anos despois do seu pasamento por Robert L. Fish . Referimonos a “Asesinatos S.L.”
Pero mentres os nosos sabios e sabias empregan unhas horas de lectura en seguir as aventuras e desventuras de Ivan Dragomiloff, inda terán tempo no medio de dedicar un faladoiro a falar da obra que cada un considere adecuada…así que preparemonos para outra sesión de barra libre literaria, con moitos libros e moitos debates.