A billarda é un moi xogo tradicional, cuxos primeiros rastros se perden na sombra do tempo. A día de hoxe estase tentando recuperar e potenciar, poñendo moito énfase nas súas virtudes mais aló das normas do xogo e os beneficios para a saude, que son entre outros moitos a interacción familiar ou a non distinción de idades nin sexos que o converten ademais nun xogo totalmente igualitario.
Como cada ano, a Liga Nacional de Billarda recala en Barrantes, nunha xornada de troula e tradición.
E por cuarto ano consecutivo, a Asociación Herminio Barreiro e os incombustibles “Casilledin” organizan, co apoio do Umia C.F. e o Encontro, e coincidindo coa xornada de de liga billardeira, o IV Aberto “Rio Umia”.
Unha xornada que dará comezo de mediodía, cunha comida de convivio para todos os billardistas que o desexen.
Logo do café, e cara as 15:30, desprazarémonos ó alto da carbaballeira de Barrantes, onde terá lugar a xornada de billarda.
Se chove xogaremos no pavillón de Barrantes, aledaño ó campo de fútbol.
E como todos os anos, ademais dos trofeos para os mellores xogadores da xornada, incluidos os mellores xogadores locais, teremos un pequeno agasallo para todos os nenos e nenas.
Dende logo, se queredes pasar unha tarde de troula algo orixinal, esta é a vosa.