Roteiro arqueoloxico: paseando entre a nosa máis antiga historia.

Tal como estaba previsto, o pasado 15 de Marzo realizamos un roteiro arqueolóxico por varios puntos do Salnés. Foi unha mañá moi interesante, con David Barreiro de guía explicándonos todo o que os nosos ollos vían. Un dolmen á vista de todos ó lado dunha estrada no Castrove,  no que ninguén repara e que resultou unha agradable sorpresa, os petroglifos de Outeiro do Cribo, case únicos nas súas caracteristicas, o castro de Noalla na Lanzada, que no bronce tardío foi unha importante urbe , cunha florecente industria do salgado de peixe, e o de Besomaño en Ribadumia, unha xoia arqueolóxica que viviu o seu esplendor dende o século II A.d. C. á epoca romana, e  ata fai pouco agochado baixo a terra, foron os diferentes lugares que visitamos. Este tipo de saidas, que agardamos repetir, son moi importantes porque axúdannos a coñecer un patrimonio que esta aí inda que a miudo o ignoremos, e que garda as claves para entender a evolución do ser humano ata os nosos días..

Temporalmente falta o enlace o albúm.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s