Así transcorreu o noso obradoiro de Pascua.

O pasado xoves santo, organizamos coa colaboración das Titiriteiras un obradoiro de Pascua, onde os nenos e nenas asistentes realizaron unha serie de figuras decorativas e tamén os seus propios ovos de chocolate, este ano ademais recheos de…mais chocolate!!.

Dende a nosa Asociación queremos felicitar os pais e nais por participar xunto os seus fillos e fillas  neste tipo de actividades, que permiten a uns e outros  pasar unha maña entretida e orixinal, e no camiño aprender algo novo.

Deixamosvos unhas fotiñas que falan de como foi.

Deixar un comentario