O pasado xoves santo, organizamos coa colaboración das Titiriteiras un obradoiro de Pascua, onde os nenos e nenas asistentes realizaron unha serie de figuras decorativas e tamén os seus propios ovos de chocolate, este ano ademais recheos de…mais chocolate!!.
Dende a nosa Asociación queremos felicitar os pais e nais por participar xunto os seus fillos e fillas neste tipo de actividades, que permiten a uns e outros pasar unha maña entretida e orixinal, e no camiño aprender algo novo.
Deixamosvos unhas fotiñas que falan de como foi.